DANIEL SALGADO
"Estou a favor dun órgano regulador da información"
Por que se decide publicar esta noticia?
A decisión non é miña senón que é do director pero eu creo que é unha información, unha noticia con moita relevancia pública. Dende o meu punto de vista eu valoro a denuncia dunha situación de inxustiza e o valor que ten a persoa que fai a denuncia publicamente.
1.
Cres que a acollida que tivo esta noticia tanto por parte da opinión pública como por parte doutros medios foi a esperable ou que debería ter tido máis relevancia?
A ver, eu aquí opino que debería ter máis relevancia porque é a miña noticia. Pero bueno, creo que tivo moita relevancia noutros medios non sei se tanto na propia percepción da que denuncia.
2.
Unha vez que sae esta información e outros medios se fan eco da noticia, dase unha forte resposta en redes sociais como aconteceu co caso de Harvey Weinstein a través de hashtags como #metoo ou #timesup. Cres que este tipo de campañas son positivas?
A min paréceme positivo que inmediatamente se posicionaran as asociacións profesionais do mundo no que ela traballa. Iso, a repercusión que ten noutros medios, que se entra e se abra un tema que é tabú en Galicia. Iso paréceme positivo. En canto as redes sociais son escéptico. Non sei moi ben que pensar. Cando se difunde unha noticia así está ben que se difunda pero tamén entendo que as redes sociais tamén teñen moitas caras.
3.

Daniel Salgado, nado en Monterroso en 1981, é un poeta e xornalista galego. Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Hispánica pola USC, colaborou con publicacións como A Nosa Terra, A Trabe de Ouro e Xistral. Actualmente traballa como redactor no xornal Sermos Galiza.
Téndese a unha banalización do problema?
Ese é un dos riscos que hai, si. Aínda que non sei se neste caso porque ademais saltou a noticia xusto no momento de que había certa sensibilización social. Era nas datas próximas ao 8M e creo que neste caso non houbo ese risco de banalización aínda que as redes sociais son un campo de cultivo perfecto para iso.
4.
O feito de que o pasado outubro saíse á luz o caso de Harvey Weinstein preparou un pouco a opinión pública para este caso?
Non creo que fose tanto este tema concreto como que o debate sobre a discriminación da muller e a igualdade está moi presente na sociedade. O caso das actrices estadounidenses creo que non é comparable porque estamos falando dun mundo no que o traballo da interpretación en Galiza é moito máis precario. A posición dos empregados e dos actores é moito máis débil que no caso estadounidense. Referíame a que en xeral se conseguiu introducir no debate social unha serie de cousas que si que axudaron a que unha noticia como esta fose tomada máis en serio, non se banalizase, houbera máis reaccións colectivas etc.
5.
Non lle parecen entón casos comparables?
A ver hai elementos en común pero tamén hai outros que diferencian os dous casos. Eu creo que a posición dunha actriz galega que traballa para a TVG e compañías de teatro é moito máis débil que a dunha actriz de Hollywood fronte a un produtor. Creo que se cruzan moitas cuestións de clase, etc. e é difícil comparar os casos.
6.
O feito de que as vítimas pertenzan á esfera pública facilita que os casos saian á luz?
Iso axuda a que o caso teña máis transcendencia mediática.
7.
Dende o punto de vista dun xornalista, á hora de tratar estas noticias, sobre todo en casos de violencia sexual, téndese a falar sempre das vítimas como mulleres e dos homes como agresores? Identifícase cada un destes papeis con un xénero por defecto?
Eu vexo aí unha situación de desigualdade que é produto dunha situación de machismo estrutural, do patriarcado. O que vexo é un reflexo nese mundo, nese ámbito concreto. Máis que falar de vítimas e agresores é como un síntoma dun problema estrutural que se da a moitos niveis e puntos da sociedade. Neste caso ten ademais máis transcendencia porque é unha figura pública. Aínda que non sexa unha actriz coñecida como as de Hollywood o seu traballo ten unha dimensión pública e noutros traballos, noutros casos, noutros conflitos nos que a desigualdade de xénero tamén se pon de manifesto non teñen a mesma transcendencia pública.
8.
Cando os medios de comunicación tratan estas historias de xeito non de todo correcto contribúen a que se sigan ocultando estes casos, a que siga habendo ese medo a denunciar?
Os medios están dentro desta sociedade na que existe un problema estrutural que ten que ver cun sistema de desigualdade e opresión da muller. Creo que os medios tenden a reproducir isto, despois depende. Hai medios de comunicación máis sensibles e outros menos.
9.
10.
Hai estudos que afirman que, aínda que dun xeito inconsciente, cando un xornalista escribe todos estes prexuízos, esta educación, esta sociedade heteropatriarcal está sempre detrás. Cres que quizás a creación dun libro de estilo, dunhas normas a seguir axudaría a solucionar este problema?
Axudaría atenualo.
11.
Existe o debate da posible existencia dun órgano regulador por enriba dos medios, sería algo positivo ou entraría en conflicto coa liberdade de expresión?
Eu estou a favor de que haxa un órgano regulador da información ao igual que hai un órgano regulador noutros ámbitos como a alimentación. Sei que é un tema delicado e que pode ser incluso contraproducente pero en sentido abstracto estou a favor.