top of page

Antecedentes: estudos e investigacións previas

Estudos e investigacións previas como as realizadas por Juana Gallego Ayala (2002, 2010 e 2013) no ámbito de xénero e comunicación conclúen que na maioría de medios xeralistas, o xénero feminino continúa a ser visto como un obxecto que padece en contraposición co xénero masculino que é un suxeito que actúa.

​

Os medios escriben dende un “nós” masculino en contraposición con un “elas” feminino e como tal, empatizan cos protagonistas masculinos tratando dende a distancia ás protagonistas femininas. Este feito é fácilmente visible nas informacións de prensa deportiva. Cando falamos dun equipo masculino, non se sinala este feito, no se especifica, dáse por suposto que é un equipo de homes. Nós (como redacción) somo homes e falamos deles, dos nosos, de outros “homes” (“España gaña o mundial de baloncesto”) pero cando falamos de mulleres, entón aparecen as diferenciacións. “Elas” non son “das nosas”, márcase claramente a diferencia con titulares como “Ellas también quieren el oro”. O tratamento de mulleres deportistas nos medios é moi diferente ao que se lles dá aos homes chegando a ser condescendente en ocasións, como se nunca puidesen chegar ao nivel que teñen os homes deportistas. (Gallego Ayala, 2010).

​

Outro tratamento da información sexista dáse cando unha muller por ser protagonista dun feito importante e ser muller constitúe xa en si unha noticia ou se presenta como tal. Un exemplo disto son titulares como “La próxima presidenta será una mujer” ou similares. Nestes casos mesmo podemos ver que se presenta case como unha ameaza o feito de que vaia a ser presidenta unha muller.

​

Xulgar a muller polo que é e non polo que fai, pola súa vestimenta, pola súa ideoloxía, cando non ten nada que ver co feito da noticia é tamén un xeito de desvalorizala, de sesgar a información. Se aínda por riba se fala dela relacionándoa ou polo feito de estar relacionada con certos personaxes masculinos, o sesgo é aínda máis grave. É como se a muller só adquirise importancia como muller, filla etc. de, como se non fose unha persoa senón un atributo máis dun home. Coma se sen home, a muller non existise, perdese o seu propósito vital.

En casos de violencia sexual, existe unha clara tendenza a xulgar á agredida e tentar xustificar ao agresor aínda que parece ir diminuíndo. Facer referencia á roupa que levaban, ao feito de se ían soas ou non, á súa vida sentimental ou sexual, ao lugar ou hora do acontecido etc. son xeitos de transladar a responsabilidade da agresión sufrida á vítima.

bottom of page