top of page

O caso Weinstein

O 5 de outubro de 2017 The New York Times saca á luz unha serie de denuncias e acusacións por abuso e agresión sexual contra o produtor estadounidense Harvey Weinstein. Días máis tarde, The New Yorker publica outro relato no que inclúe as testemuñas de trece actrices e engade ás acusacións por agresións as de violación.

A partir deste momento, outras ex traballadoras, modelos, actrices etc. que se relacionaron con Weinstein e que tamén foron as súas vítimas dan o paso para denunciar o acontecido. As redes sociais vólcanse mostrando o apoio a través de hashtags como #metoo ou #timesup. Analizamos o tratamento da información deste caso en dous países, España e Italia, a través dos seus xornais máis lidos : El País e Corriere della Sera.

Para realizar este traballo empregarase bibliografía xa existente e analizaranse as noticias publicadas na versión web de ambos medios entre o 5 de outubro de 2017 e o 31 de decembro deste mesmo ano. Ao mesmo tempo estudarase tamén a opinión destes dous xornais. A finalidade desta investigación é probar que a dualidade dos medios de comunicación, espello e conformador da opinión pública e da nosa sociedade a un tempo, fai que sexan unha ferramenta clave á hora de loitar por unha igualdade de xénero real.

bottom of page