
SEXO, XÉNERO E FEMINISMO
A idea de que xénero e sexo son dous conceptos diferentes é relativamente moderna. O
termo xénero fai referencia a un conxunto de atributos que a sociedade considera masculinas ou femininas mentres
que cando falamos de sexo estamos a falar dunha serie de características físicas e
biolóxicas.

ANTECEDENTES
Estudos e investigacións previas como as realizadas por Juana Gallego Ayala (2002, 2010
e 2013) no ámbito de xénero e comunicación conclúen que na maioría de medios
xeralistas, o xénero feminino continúa a ser visto como un obxecto que padece en
contraposición co xénero masculino que é un suxeito que actúa.

O ESPECTADOR APÁTICO
Na década dos anos 60, John Darley e Bibb Latané realizaron un experimento social para
tentar determinar en que casos e porque as persoas deixamos de axudar, de involucrarnos,
ao ver a outra en perigo ou sufrindo (Darley e Latané, 1968). Este estudo recibiu o nome
de “experimento do espectador apático” e estivo motivado polo asasinato de Kitty
Genovese en 1964.

CASO WEINSTEN
Harvey Weinstein, nado en 1952 en Flushing, New York, foi un dos produtores
estadounidenses máis importantes. Fundou xunto co seu irmán, Bob Weinstein, dúas
produtoras: Miramax e The Weinstein Company. Agora, o magnate podería rematar en
prisión por delitos de abuso e acoso sexual, ademais de violación.