top of page
Vítimas
Listaxe de mulleres que acusaron publicamente a Harvey Weinstein
![]() Lauren O'ConnorRealizou varias acusacións contra Weinstein no ano 2015 e describe o ambiente laboral da compañía como “tóxico” para as mulleres. O produtor berroulle nunha ocasión suxerindo que só servía para ser unha esposa e “facer bebés”. | ![]() Lysette Anthony1982. O produtor viólaa na súa casa de Londres. | ![]() Asia Argento1997. Weinstein viólaa no Festival de Cannes en 1997. Foi conducida enganada por Lombardo a unha habitación onde só estaba o produtor. Ten 21 anos. |
---|---|---|
![]() Rossana Arquette1990. O produtor abre a porta para recibila en albornoz, cóllelle a man e presiónaa contra o seu pene. | ![]() Jessica Barth2011. Harvey Weinstein pídelle que lle dé unha masaxe estando espido. | ![]() Kate Beckinsalele1990. O produtor recíbea en albornoz. Ela ten 17 anos. |
![]() Jules Bindi | ![]() Zöe Brock1997/1998. Weinstein quítase a roupa diante dela e pídelle unha masaxe. Ela ten 23 anos. | ![]() Cate Blanchett |
![]() Cynthia Burr | ![]() Liza Campbell1995. Pídelle que se de un baño con el. | ![]() Emma de Caunnes2010. Mentres están xuntos, el desaparece no baño para reaparecer espido, cunha erección, e pídelle que se acoste na cama. |
![]() Marisa Coughlan1999. Pídelle que lle de unha masaxe e suxire que pode converterse nunha das súas “amigas especiais”, proponlle varias citas. | ![]() Florence Darel1994. Proponlle manter relacións sexuais coa súa muller na habitación do lado. | ![]() caradelevigne2012. Anímaa a bicar a outra muller na súa habitación de hotel, non deixa que se marche, tenta bicala nos beizos. |
![]() Paz de la Huerta | ![]() Hope Exiner d’Amore | ![]() Juliana de Paula2017. Intenta agarrala e fórzaa a bicar a outras modelos no seu apartamento. Cando intenta fuxir, perséguea espido. A modelo rexéitao ameazándoo cun cristal roto e el rise dela. |
![]() Sophie Dix | ![]() Lacey Dorn | ![]() Kaitlin Doubleday |
![]() Dawn Dunning2003. Atopouno só en albornoz, díxolle que só podería firmar o contrato para as súas próximas tres películas se facía un trío con el. Ela tiña 24 anos. | ![]() Lina Esco2010. Lina Esco e o produtor cean xuntos, el insiste todo o tempo para que lle de un bico. “Tentou insinuar que todo sería máis fácil se me deixaba facer”. | ![]() Alice Evans2002. Invitouna a “unirse a el” no baño. |
![]() Lucia Evans(Coñecida anteriormente como Lucia Stoller). 2004. Obrigouna a practicarlle sexo oral. | ![]() Angie EverhartMasturbouse diante dela nun barco estando a actriz na cama. | ![]() Claire Forlani1997. Suxeriu que lle dese unha masaxe. Intentou bicala en dúas reunións diferentes. |
![]() Romola Garai2000. Fíxolle unha audición en albornoz. Ela tiña 18 anos. | ![]() Louisette Geiss2008. Masturbouse diante dela mentres negociaban temas profesionais, agarrouna polo antebrazo e suplicoulle que mirase. | ![]() Loiuse Goldbold1990. Atrapouna nunha sala de reunións. Pediulle unha masaxe, puxo as mans nos seus ombreiros. |
![]() Judith Godrèche1996. Invitouna á súa habitación de hotel, “apretouse” contra ela e quitoulle o xersei. | ![]() Trish Goff2003. Tocouna durante unha comida, preguntoulle pola súa vida amorosa, pasou as mans polas súas pernas, agarroulle os peitos e a cara e tratou de bicala. | ![]() Heather Graham2000. Deixou implícito que tiña que ter relacións con el para obter un papel nunha película, nunca foi contratada por Weinstein. |
![]() Eva Green2010/2011. Tivo que empuxalo fisicamente para librarse del. | ![]() Ambra Battilana Gutierrez2015. Tocoulle o peito, intentou meter a man debaixo da súa falda. Tiña 22 anos. Informou á policía de Nova Iorque, gravaron a súa declaración e publicaron a gravación. O caso pechouse pese as claras evidencias. | ![]() Mimi Haleyi2006. Weinstein levouna a unha habitación abusando da súa forza física e practicoulle sexo oral á forza. Ela estaba menstruando e o produtor quitoulle o tampón antes da presunta agresión. |
![]() Daryl HannahUns anos despois de acosala nunha edición do Festival de Cannes, invitouna a unha suposta festa na que só estaban os dous. Preguntoulle se os seus peitos eran naturais e se os podía tocar. Tras a súa negativa, cancelou os seus voos para varias premiers, así como a súa habitación de Cannes e os servizos do seu maquillador para esa tarde. | ![]() Salma Hayek2002. Durante a rodaxe de Frida (2002), o produtor tentou obter favores sexuais a cambio da súa implicación no proxecto. Acosou a Hayek durante os meses que traballaron xuntos e a actriz asegura que con cada negativa súa a ira de Weisntein ía en aumento. Nunha ocasión chegou a ameazala de morte, afirma a actriz. Salma Hayek relata que o produtor tentou desvincularse do proxecto ao ver que non conseguiría nada con ela pero non puido por motivos legais e o acoso pasou a ser parte do proxecto. | ![]() Lena Headey2005. Faloulle inapropiadamente, reaccionou enfadado cando ela rexeitou os seus avances e levouna ata a saída do hotel agarrándoa fortemente do brazo. |
![]() Lauren HollyDécada dos 90. Durante unha suposta reunión de traballo, o produtor apareceu en albornoz e pediulle que a seguise. Continuou a facerlle preguntas mentres ía ao baño e se duchaba. Ao rematar díxolle que parecía estresada e ofreceuse a darlle unha masaxe ou que lla dese a el. Cando se achegou demasiado a ela a actriz empuxouno e fuxiu. Holly declara que a partir dese momento chamárona para moitos menos papeis. | ![]() Dominique Huett2010. O produtor atraeuna á súa habitación co pretexto de que a ía a axudar co seu futuro profesional. Porén, cando chegou, el desapareceu no baño e reapareceu en albornoz. Pediulle que lle dese unha masaxe e preguntoulle se podía practicarlle sexo oral a ela. Ela negouse. Weinstein practicoulle sexo oral á forza e masturbouse en fronte dela. | ![]() Jessica HynesCando a acriz tiña 19 anos ofrecéronlle un papel. Weinstein pediulle facer unha proba de bikini. Ela negouse e perdeu o traballo. |
![]() Amy IsraelExecutiva de Miramax | ![]() Angelina JolieFinais da década dos 90. Jolie declara ter sufrido unha mala experiencia con Weinstein durante a rodaxe de Playing by heart (1998). O produtor intentou sobrepasarse con ela nunha habitación de hotel. A actriz non volveu traballar con el e aconsellou a outras actrices que non o fixesen. | ![]() Ashley JuddWeinstein invitouna a unha reunión nun hotel que en vez de ser nunha zona común pasa a celebrarse na súa habitación. O produtor pediulle que lle dera unha masaxe ao que ela respondeu que cando gañase un Oscar. A actriz afirma que en parte se avergonza pero que por outro lado se sinte orgullosa de ter saído da situación. |
![]() Minka KellyDurante unha reunión profesional conseguiu que se quedasen a soas e ofreceulle unha vida luxosa a cambio de que fose a súa moza. | ![]() Katherine Kendall1993. O produtor acosouna no seu apartamento, perseguíndoa e impedíndolle o paso para que non se marchara. | ![]() Heather Kerr1989. A actriz relata que o produtor se desabrochou os pantalóns e agarroulle a man obrigándoa a tocalo mentres ambos os dous estaban sentados nun sofá. Weinstein díxolle que así era como se facían as cousas en Hollywood, que todas as actrices que lograran o éxito o fixeran. |
![]() Mia KirshnerPrometeulle traballo a cambio de favores sexuais. | ![]() Myleene Klass2010. O produtor ofreceulle un “contrato sexual” no Festival de Cannes. | ![]() Laura MaddenNos anos 90, durante unha reunión de traballo, pediulle que lle dera unha masaxe. Continuou pedíndolle favores ata que remataron os dous na ducha. |
![]() Natassia Malthe2008. A actriz acusa ao produtor de violala despois dos premios ingleses Bafta dese ano na súa habitación de hotel. | ![]() Julianna Margulies1996. Margulies aceptou unha audición na habitación do produtor pero como xa sufrira situacións de violencia sexual similares anteriormente negouse a ir soa. Weinstein abriulle a porta en albornoz. Dentro da habitación había velas acesas e cea para dous. Cando viu que ía acompañada, desexoulle sorte na audición e pechoulle a porta na cara ás dúas. A actriz non conseguiu o papel. | ![]() Brit Marling2014. Marling acordara unha reunión co produtor nunha zona común do hotel. No momento do encontro unha asistente díxolle que a reunión se movía á habitación de Weinstein porque estaba moi ocupado. A actriz sentiuse tranquila pola presenza da asistente pero esta deixouna a soas con Weinstein. O produtor ofreceulle unha masaxe, fresas e champán e pediulle que se duchasen xuntos. Marling negouse e marchou. |
![]() Sarah Ann Masse2008. A actriz traballaba coidando nenos mentres tentaba abrirse paso no mundo da actuación. Varias asistentes de Weisntein fixéronlle entrevistas para un posto coidando os fillos do produtor. Finalmente, Masse acudiu a unha entrevista co propio Weinstein. Este abriulle a porta en roupa interior e fíxolle todas as preguntas sen cambiarse de roupa. Ao rematar deulle un abrazo e díxolle que a quería. | ![]() Ashley Matthau2004. O produtor acosouna durante a rodaxe de Dirty Dancing: Havana Nights (2004). Nunha ocasión recolleuna co coche e levouna a súa habitación onde se puxo enriba dela e comezou a tocala e a masturbarse mentres ela lle repetía que estaba prometida e que parase. El respondeulle que nin sequera estaban tendo relacións sexuais, que non pasaba nada. | ![]() Rose McGowan1997. Harvey Weinstein violou á actriz nun jacuzzi durante o Sundace Film Festival, en Park City, Utah, practicándolle sexo oral á forza mentres el se masturbaba. The New York Times publicou que Weinstein chegara a un acordo extraoficial coa actriz, 100.000 dólares a cambio de que gardase silencio sobre o acontecido aquel día. |
![]() Nathalie Mendoza2002. A actriz denuncia que o produtor tivo un comportamento inadicuado con ela durante a rodaxe da primeira película de The Great Raid (2005). | ![]() Sophie MorrisMentres traballaba como administrativa na sala da suite de Weinstein este espiuse e pediulle unha masaxe. Morris non é capaz de recordar se foi el ou ela mesma quen se quitou a camiseta pero nese momento algo fixo "click" para ela e foi capaz de fuxir da habitación. | ![]() Katya MtsitouridzeA presentadora afirma que o produtor a forzou a acudir a reunións persoais durante máis dunha década. Durante o Festival de Cine de Venezia recibiuna na súa habitación vestindo só un albornoz e suxeriu que lle dera unha masaxe. A xefa de Roskino conseguiu escapar grazas ao camareiro que entrou nese momento na habitación sen chamar sequera. Ademais, Mtsitouridze afirma que lle dixo que “nin se lle ocorrera falar do acontecido”. |
![]() Emily Nestor2014. Invitouna ao seu hotel e díxolle que se aceptaba os seus favores sexuais a súa carreira avanzaría. | ![]() Jennifer Siebel NewsomDeclara que o produtor a acosou sexualmente. | ![]() Connie NielsenWeinstein puxo a man no seu muslo durante unha cea na que tamén estaban presentes o mozo e o irmán da actriz. Ela retiroulla con forza, tentando facerlle dano. |
![]() Kadian Noble2014. Durante o Festival de Cannes o produtor acudiu á súa habitación, tocouna sen permiso e obrigouna a masturbalo. Ela negouse repetidamente pero Weinstein obrigouna e impediulle saír da habitación. | ![]() Lupita Nyong'o2011. O produtor invitouna a ver unha película na súa casa. Durante a proxección, pediulle que o acompañase un momento co pretexto de ensinarlle algo. Levouna á súa habitación e díxolle que lle quería dar unha masaxe. Ela ofreceuse a darllo a el para tentar manter o control da situación. Weinstein tentou quitarse os pantalóns e a actriz abandonou a habitación como puido. Dende ese momento evitou no posible encontros co produtor, quen coninuou facéndolle proposicións noutras ocasións. | ![]() Lauren O'ConnorRealizou varias acusacións contra Weinstein no ano 2015 e describe o ambiente laboral da compañía como “tóxico” para as mulleres. O produtor berroulle nunha ocasión suxerindo que só servía para ser unha esposa e “facer bebés". |
![]() Gwyneth PaltrowA actriz asegura que Weinstein a invitou á súa habitación, púxolle unha man enriba e pediulle unha masaxe. Paltrow afirma que se sentiu petrificada | ![]() Samantha Panagrosso | ![]() Zelda PerkinsDenuncia comportamentos inadecuados dentro do ambiente laboral da empresa por parte do produtor. |
![]() Vu Thu PhuongWeinstein pediulle que se reunira con el na súa habitación de hotel onde a recibiu en toalla. O produtor preguntoulle se sentía cómoda facendo escenas de sexo nas películas e continuou dicíndolle que podía axudala. Tras esta experiencia, Phuonhg deixou de tentar facer carreira en América e finalmente abandonou por completo a industria do cine. | ![]() Sarah PolleyPolley afirma que cando tiña 19 anos o produtor insinuoulle que por ter unha relación moi cercana con el podía ter unha boa carreira, que así era como funcionaban as cousas. | ![]() Tomi-Ann RobertsCoñeceu a Weinstein como cliente dun restaurante no que traballaba. O produtor pediulle que quedasen no seu hotel para discutir sobre un papel nunha película pero cando Roberts chegou Weinstein estaba na bañeira e pediulle presuntamente que sería unha audición moito mellor se ela tamén se sentira cómoda espíndose diante del xa que a súa personaxe probablemente tería unha escena de topless. |
![]() Lisa Rose | ![]() Erika RosenbaumO produtor comportouse de xeito inadecuado nas súas reunións coa actriz canadense. | ![]() Melissa Sagemiller2000. Mentre a actriz filmaba Get Over It, Weinstein invitouna á súa habitación de hotel, pediulle unha masaxe e non a deixou marchar ata que ela lle deu un bico. |
![]() Annabella Sciorra1992. A actriz afirma que o produtor entrou pola forza no seu apartamento e a violou despois da rodaxe do filme producido por Weinstein The Night We Never Met. | ![]() Léa SeydouxDeclara que Weinstein tentou bicala despois dunha reunión que el propuxera como profesional e que tivo que empregar a forza para liberarse del | ![]() Lauren SivanWeinstein ofreceulle un tour polas cociñas dun restaurante que posuía a compañía. Cando estiveron alí, o produtor botou fora aos traballadores e tentou bicala. Ela rexeitouno dicíndolle que ela non entendera o mesmo e que tiña parella. Pero as cousas non remataron aí. Weinstein bloqueoulle a entrada, díxolle que estivese quieta e calada e comezou a masturbarse diante dela. |
![]() Chelsea SkidmoreSkidmore fala de polo menos catro encontros durante os cales Weinstein lle pediu masaxes, masturbouse diante dela, expúxose diante dela ou lle pediu que interaccionase de xeito íntimo con outras mulleres na súa presenza. | ![]() Mira SorvinoA actriz sostén que o produtor a vetou despois de que ela rexeitase os seus avances. | ![]() Tara SubkoffAnos 90. Weisntein acosou a actriz durante a festa dunha premiere. Pediulle que fora xunto a el e sentouna no seu colo. Subkoff non puido evitar non rirse polo absurdo da situación pero logo notou que o produtor tiña unha erección. A actriz afastouse del e Weinstein pediulle que o acompañase fora e “máis cousas” que Subkoff non quixo desvelar. Polo que o produtor lle dicía soubo que a súa carreira non ía ser igual se o rexeitaba como finalmente fixo. |
![]() Uma Thurman | ![]() Paula WachowiakA Wachowiak pedíronlle que levara uns documentos á habitación de hotel de Weinstein mentres traballaba para el como asistente de produción. Deixouna pasar escondéndose detrás da porta e cando ela estivo dentro decatouse de que o produtor estaba espido cubríndose só cunha toalla. Weinstein deixou caer a toalla e pediulle unha masaxe mentres lle falaba da fantástica oportunidade que era traballar para el. Máis tarde preguntoulle se velo espido fora o mellor daquela experiencia. | ![]() Paula Williams |
![]() Sean YoungWeinstein sacou o seu pene diante dela ao que a actriz respondeu “Sabes, Harvey, realmente creo que non deberías sacar esa cousa por aí, non é moi bonita” e marchou. |
bottom of page